Silvia Aguete estará na Eurocopa de Portugal
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
A primeira Eurocopa Feminina de Fútbol Sala organizada baixo o amparo oficial da UEFA contará cunha xogadora pontevedresa entre as aspirantes ao título.
Trátase de Silvia Aguete, gardameta do Poio Pescamar e que é unha das 15 futbolistas que compoñen a lista oficial feita pública este luns 21 de xaneiro pola seleccionadora nacional, Clàudia Pons.
Silvia, nomeada a pasada campaña mellor porteira da liga española e segunda do mundo nos Umbro Awards, estará desta forma na fase final da competición europea que terá lugar no país veciño, Portugal, concretamente na localidade de Gondomar.
A Eurocopa disputarase en formato de final a catro do 15 ao 17 de febreiro, participando ademais de España e a selección anfitrioa, os combinados nacionais de Rusia e Ucraína.
En semifinais, o día 15 de febreiro, España medirase con Rusia co obxectivo de tentar chegar á final do domingo día 17.
Ademais de Silvia Aguete compoñen a convocatoria da Selección Española: Marta Balbuena (Futsi Atlético), Caridad (Guadalcacín), Isa García (Alcorcón FS), Mayte Mateo (Jimbee Roldán), Noelia Montoro (UCAM), Anita Luján (Futsi Atlético), Irene Samper (Alcorcón FS), Berta (Penya Esplugues), Luci (Burela), Ampi (Montesilvano), Consu (Jimbee Roldán), Amelia (Futsi Atlético), Peque (Burela) e Vanesa Sotelo (Alocorcón FS).