Abel Casal e Rocío Baquero, campiones galegos de Bailes Latinos Youth
Por Redacción
Abel Casal e Rocío Baquero, recentemente proclamados campións galegos de Bailes Latinos na categorñia Youth (menores de 16 anos), aspiran agora a repetir éxito no Campionato de España que se celebrará o próximo mes de xuño en Barcelona.
A parella pontevedresa alzouse co título galego nun torneo organizado recentemente en Santiago de Compostela no que participaron preto de 150 parellas nunha modalidade, a de bailes latinos, que inclúe a Samba, o Chachachá, Rumba, Pasodobre e Jive.
Abel e Rocío, estudantes de 1º de Bacharelato e 4º de ESO, levan catro anos bailando xunto e practican tres horas diarias, cinco días á semana.