Toda a información do ITU Mulstisport Festival de tríatlon, en 13 infografías

Por Diego Espiño
A organización do ITU Multisport Festival, que converterá Pontevedra no centro do tríatlon mundial entre o 27 de abril e o 4 de maio, segue dando pasos para tentar que o evento sexa un éxito a todos os niveis.
O último foi a presentación no Concello de Pontevedra dos mapas cos que informarán os deportistas e aos cidadáns de todos os detalles dos diferentes campionatos mundiais que se celebrarán na Boa Vila, con percorridos, horarios e outros datos de interese.
"Son 13 infografías que conteñen todos os datos precisos para o seguimento das carreiras", explicou a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, acompañada do autor dos mapas, Xan Sabarís.
Estas infografías, ademais de incluírse na revista oficial do evento que está previsto editar, difundiranse principalmente a través da internet e nas redes sociais, podendo descargarse a través da web dos campionatos www.pontevedra2019.org.
Tamén se achegará toda a información aos municipios veciños polos que pasarán os percorridos, explicou a edil.
Relacionadas:
-
O ITU Multisport Festival, "vítima colateral" da convocatoria electoral de Pedro Sánchez
Por Alejandro Espiño |
-
Máis de 600 triatletas nacionais inscribíronse xa para o ITU Multisport Festival de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Gómez Noya, Pablo Dapena e Saleta Castro, na preselección española para o ITU Multisport Festival de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Gómez Noya confirma a súa presenza no Mundial de Pontevedra e o seu regreso á distancia olímpica
Por Redacción |
-
Voluntarios portugueses completarán o dispositivo do ITU Multisport Festival de tríatlon
Por Redacción |
-
CGTD, Pazo da Cultura e Alameda serán os tres núcleos operativos do ITU Multisport Festival
Por Redacción |