Fran Fandiño y Richi seguirán un ano máis no Pontevedra
Por Ramiro Espiño
Seguen as conversacións de Milo Abelleira cos xogadores do equipo do Pontevedra. Entre outros, na mañá do xoves foi a quenda de Richi. O dianteiro coñeceu as intencións do club, que lle ofreceu a renovación por unha tempada máis, aceptando a proposta, polo que se converte na segunda incorporación confirmada, tras a de Adrián Gómez, para a próxima tempada.
O dianteiro non tivo a mellor tempada posible, ao ter sufrido diversos problemas físicos que lle impediron ter continuidade no equipo titular, non obstante o seu compromiso e rendemento foi satisfactorio, deixando patente o seu olfacto goleador e o seu compromiso co club, motivos polos cales o Pontevedra considerou interesante seguir contando cos seus servizos no que será terceiro intento para saír do pozo da terceira división.
Logo pasaría polas oficinas do club Fran Fandiño, ao que Milo lle trasladou igualmente o interese por seguir contando cos seus servizos. Tamén neste caso se produciu o acordo inmediato, especialmente polas ganas do xogador de resarcirse dunha tempada, a pasada, na que non puido render como se esperaba debido á lesión de pube que o obrigou a pasar polo quirófano. Ao igual que Richi, Fran Fandiño renova por unha tempada máis.
Ao longo da xornada seguirán as conversacións con outros compoñentes do equipo, aos que Milo Abelleira comunicará as propostas do club de cara ao seu futuro.