Moisés, Stefan, Nano e Sestelo únense a Cristóbal Juncal na lista de baixas do Pontevedra
Por Ramiro Espiño
Non houbo sorpresas. Milo Abelleira finalizou ao longo do xoves a primeira rolda de contactos cos xogadores granates, para facelos saber as pretensións do club con respecto á súa situación. Á baixa de Cristóbal Juncal, xa anunciada o día anterior, únense as de Moisés, Stefan, Nano e Sestelo, aos que se lles comunicou que non se conta con eles para a próxima tempada.
Ademais de Richi e Fran Fandiño, que aceptaron a oferta para renovar contrato e seguirán unha tempada máis, Milo falou con Sergio Lloves, Edu Sousa, Caco, Jacobo, Santi Domínguez, Tubo, Javi Pazos e Pacheco. A todos eles se lles ofreceu tamén renovar un ano.
Pola súa banda, a Emilio Abal, xogador xuvenil do equipo de División de Honra que xa debutou co primeiro equipo, formulóuselle a posibilidade de asinar un contrato de dous anos de duración.
Agora os xogadores estudarán as condicións para dar unha resposta nas próximas datas.
Queda pendente a situación de David Pérez. O xogador está a realizar estudos do curso de adestradores, e manterá unha conversación co técnico a próxima semana. A intención do club é ofrecerlle tamén a renovación, nas mesmas condicións nas que estivo na segunda volta deste tempada, cun contrato exclusivamente por obxectivos.
Relacionadas:
-
Iago Paz e Sergio Lloves aceptan a proposta do Pontevedra e renovan por unha tempada
Por Diego Espiño |
-
Seguen as renovacións: Santi Domínguez acepta a oferta do Pontevedra para continuar unha tempada máis
Por Diego Espiño |
-
Fran Fandiño y Richi seguirán un ano máis no Pontevedra
Por Ramiro Espiño |
-
O Pontevedra renova a Adrián Gómez e ofrece seguir a Iago Paz, Lorenzo, Pablo e Yago Vázquez
Por Ramiro Espiño |