Os porteiros bátense en duelo en Marcón
Por Redacción
O campo de fútbol do Carrasco acolleu o pasado sábado 29 de decembro unha orixinal competición destinada só a gardametas.
Alí celebrouse a primeira batalla de porteiros organizada por Arch Keeper, marca de luvas creada polos porteiros do Marcón Atlético e un dos seus adestradores e que tenta dar os seus primeiros pasos no fútbol autonómico.
En total déronse cita no evento 34 gardametas de catro categorías, agrupados en alevín-infantil, cadete, xuvenil e sénior.
O evento, ademais de tentar ofrecer unha xornada deportiva diferente e amena, pretendía reivindicar a importancia dos porteiros no fútbol e a necesidade de que se realicen máis eventos específicos para eles.