Cerdedo-Cotobade homenaxea o piloto Juan Campos
Por Redacción
O CEIP San Xoán Bautista de Cerdedo viviu este venres previo ao Nadal unha xornada especial coa visita de todo un campión de España.
O piloto Juan Campos, gañador recentemente do Campionato Nacional de Resistencia, recibiu unha homenaxe por parte do Concello de Cerdedo-Cotobade e compartiu as súas experiencias cos alumnos.
Campos estivo acompañado por Ana Jorge e Luís Jorge, membros da escuadra Cerdedoenrali, e polo presidente municipal, Jorge Cubela, quen cualificou de "orgullo" a traxectoria do piloto e os títulos conseguidos sinalando a importancia "de contar cun deportista de elite no noso concello".
Tras a charla, na que Juan Campos lembrou anécdotas e transmitiu directrices de seguridade na condución, todos trasladáronse ao patio do colexio onde estaba aparcado o seu coche de competición, toda unha atracción para os mozos e mozas presentes.