Marín apúntase por segundo ano ao espectáculo dos barcos clásicos e de época
Por Redacción
Despois do bo sabor de boca da primeira edición o Trofeo Capitán de Corbeta Jaime Janer Gran Premio de Marín Desafío Ence repite experiencia enchendo de barcos clásicos e de época a Ría de Pontevedra entre os días 7 e 9 de xuño.
O evento náutico, organizado pola Escola Naval Militar de Marín e o Real Club de Mar de Aguete, desenvolverase en tres etapas entre Aguete e San Vicente do Mar (venres 7 de xuño), San Vicente e Baiona (sábado 8) e Baiona e Marín (domingo 9).
A falta de dúas semanas para o comezo da regata, son xa 15 as embarcacións inscritas, entre as que destacan por exemplo tres goletas propiedade da Escola Naval chamadas Aguete, Arosa e Giralda.
A regata, que leva o nome do mariño capitán de corveta Jaime Janer, primeiro director da Escola Naval Militar de Marín, conta ademais dende esta segunda edición cun presidente de honra, o Almirante Xefe do Estado Maior da Armada, Jaime Muñoz-Delgado e Díaz del Río.