Mal día na oficina para o Teucro ante o Atlético Valladolid (25-31)
Por Diego Espiño & Diego Torrado
Non era o día da Sociedad Deportiva Teucro. Os azuis, negados en ataque, non foron capaces de dar continuidade á súa serie vitoriosa en liga e encaixaron unha clara e merecida derrota na visita do Atlético Valladolid ao Pavillón Municipal dos Deportes.
O certo é que o encontro iniciouse con igualdade nos primeiros minutos e moito ritmo nas transicións. Aínda que co cadro valisoletano marcaba a pauta, os locais acertaron nos seus dous primeiros ataques no intercambio de golpes. Nada parecía presaxiar o que viría estaba por chegar, unha noite aciaga na parcela ofensiva.
A intensa defensa pucelana permitía ao seu equipo correr con soltura e abrir pronto distancia no marcador (3-7, minuto 12), obrigando a Luís Montes a pedir tempo morto en busca de solucións. Non as atopou o técnico pontevedrés, xa que a rotación non cambiou a tónica. Mentres o Teucro atopábase en repetidas ocasións coa madeira ou perdía a posesión nos seus ataques, o seu rival aproveitaba para marchar ata os 6 goles.
A pesar diso tentaban os azuis, pero nin en superioridade nin a porta baleira, nunha contra na que Natan Suárez fallou con todo a favor, lograban aproveitar as súas ocasións. Só Santana cun par de intervencións de mérito evitaba que a desvantaxe fose maior ao descanso (10-16).
Facía falta un cambio de chip, pero para desgraza da parroquia local todo seguiu igual no inicio do segundo acto. Mesmo empeorou, porque nunha saída fulgurante os visitantes íanse ata o 11-19, a súa máxima renda. Faltaban máis de 25 minutos por diante, todo un mundo, e a verdade é que o de Luís Montes seguírono tentando tirando de orgullo. Santana apareceu de novo en varias accións consecutivas e os azuis puxéronse a 5 goles (15-20), con todo en ningún momento conseguiron pasar esa barreira e de novo o Valladolid, anotando con facilidade, penalizaba os erros teucristas para pechar un plácido triunfo no Municipal.
O Teucro, que entre semana visitará a cancha do todopoderoso Barcelona, mira xa de esguello ao seu seguinte compromiso na casa, o vindeiro sábado 8 de decembro cun apaixonante derbi ante o Cangas no que estarán en xogo moito máis que dous puntos na pelexa por eludir os postos de descenso.
SD TEUCRO (25): Santana, Natan Suárez (2), Rial (1), Iván Fernández, Cutura (6, 1p), Fischer, Domingo Luis (2) -siete inicial- Moyano (2), Samu Gómez (1), Gehrhardt (2), Dani Hernández (2), Samuel Pereiro (1), Sergio Pérez (2), Juan Quintas (4), Lloria.
ATLÉTICO VALLADOLID (31): César Pérez, Dani Pérez (4), Adrián Fernández (3), Abel Serdio (4, 1p), Roberto Pérez, Manu García (5), Víctor Rodríguez (3) -siete inicial- Diego Camino (2p), Nico López, Héctor González (4), Roberto Turrado (1), Rubén Río (2), Miguel Martínez, Gastón Mouriño, Miguel Camino (3), Carlos Calle.
Árbitros: Monjo Ortega e Soria Fabián. Excluíron a Domingo Luis e Dani Hernández no Teucro e a Adrián Fernández (2), Rubén Río e Héctor González no Atlético Valladolid.
Marcador cada cinco minutos: 2-2, 3-5, 5-10, 6-12, 8-14, 10-16, descanso, 11-18, 14-20, 17-23, 19-25, 22-29, 25-31.
Incidencias: Partido da xornada 12 da Liga Asobal disputado no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra ante aproximadamente 1.100 espectadores. Os xogadores de ambos os equipos saíron á pista con carteis co lema "Non á violencia machista".
Relacionadas:
-
Desfeita teucrista no derbi ante un gran Cangas (28-34)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Moito en xogo para Teucro e Cangas na "festa do balonmán galego"
Por Diego Espiño |
-
Derrota esperada do Teucro en Barcelona nun partido de puro trámite (41-26)
Por Redacción |
-
O Teucro abre o seu proceso electoral á presidencia
Por Diego Espiño |
-
Os problemas físicos, unha dor de cabeza para o Teucro ante a fase máis cargada do calendario
Por Diego Espiño |
-
O Teucro fortalece o vínculo cos seus patrocinadores
Por Diego Espiño |
-
O Teucro dá a sorpresa e consegue dous puntos vitais en Cuenca (31-32)
Por Redacción |