A praga de baixas chega tamén ao Salamanca CF, próximo rival do Pontevedra
Por Redacción
Non só o Pontevedra Club de Fútbol está estes días pendente da enfermería, debendo superar baixas importantes no equipo. Tamén o seu próximo rival en liga, o Salamanca CF, chegará á cita en cadro.
O conxunto salmantino desprazarase a Pontevedra nunha situación comprometida na clasificación, metido en postos de descenso tras cinco xornadas sen gañar en liga e cun adestrador diferente no banco con respecto ao que iniciou o curso, xa que Antonio Calderón substituíu a José Miguel Campos dúas semanas atrás.
O novo técnico non conseguiu cortar polo momento a dinámica dun equipo deseñado para estar nunha posición máis elevada na táboa e que só conta por agora con 6 puntos (1 vitoria, 3 empates e 5 derrotas), sendo un dos seus principais problemas o alto número de goles encaixados (17).
A esta situación únense ademais os problemas físicos, con homes como o lateral esquerdo Adrián Pumar e o centrocampista Vivi lesionados de longa duración. Ademais o dianteiro Martín Galván e o defensor Antonis non puideron adestrar polo momento ao mesmo ritmo que os seus compañeiros.
Por se isto non fose suficiente, o gardameta Dani Sotres sufriu no adestramento do mércores unha luxación no cóbado e tamén perderá o choque que se disputará o domingo (18:30 horas) no Estadio Municipal de Pasarón.
Relacionadas:
-
Plácida vitoria do Pontevedra ante un inocente Salamanca CF (2-0)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O Pontevedra, a prolongar o seu bo momento na visita do Salamanca CF
Por Diego Espiño |
-
O Langreo será o primeiro rival do Pontevedra na súa defensa da Copa Federación
Por Redacción |
-
Máis problemas para o Pontevedra: Romay lesionado e Competición non perdoa a David Castro
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra mira cara arriba ao gañar en Burgos (0-1)
Por Redacción |