Loito na Sociedad Gimnástica polo falecemento dun dos seus atletas en Vitoria
Por Diego Espiño
A familia que compón a Sociedad Gimnástica de atletismo tinguiu de loito pola morte dun dos seus atletas este venres en Vitoria.
Mario Álvarez faleceu despois de oito días en estado crítico nun centro hospitalario, ao que foi evacuado tras sufrir un colapso mentres adestrada o pasado día 20.
Segun informa o medio vasco El Correo, Mario corría só cando sentiu indisposto. Unha persoa viu como se esborrallaba e avisou con rapidez ao 112. Axentes da Policía Municipal chegaron a realizarlle manobras de primeiros axulios ata que chegaron especialistas de urxencias médicas, que o estabilizaron e trasladárono ao hospital. Con todo no tempo que pasou ata a súa atención producíronse importantes lesións cerebrais.
Este atleta vasco, saltador de lonxitude de 34 anos de idade, defendía desde hai varias tempadas as cores da Gimnástica, con quen colaborou activamente para lograr a permanencia na División de Honra Masculina nas últimas campañas.
A noticia caeu como un xerro de auga fría na entidade pontevedresa, onde conxeniara sen problemas cos seus compañeiros. O club confirmou a noticia a través das súas redes sociais sinalando que "lamentamos moitísimo a perdida como atleta, pero moito máis a perda como persoa".
Lamentamos comunicaros una muy mala noticia. Mario, nuestro saltador de longitud de Vitoria ha fallecido hoy. Hace unos días tuvo un ataque al corazón y no logró recuperarse. Desde el club lamentamos muchísimo la perdida como atleta, pero mucho más la pérdida como persona.
— Sociedad Gimnástica (@SGimnastica) 28 de septiembre de 2018