Renovación nos equipos absolutos da Gimnástica
Por Redacción
Nova tempada e ilusións renovadas na Sociedad Gimnástica, que volverá competir un ano máis nas ligas de División de Honra Masculina de atletismo e na Primeira División de Feminina.
Para tentar lograr os obxectivos marcados, que pasan en ambos os dous casos pola permanencia e co equipo feminino, se é posible, pelexar polo ascenso de categoría, a veterana entidade pechou unha batería de reforzos, ata 17 atletas.
Deles 12 chegan para potenciar ao conxunto masculino, entre os que destaca o regreso ao club de triplista ourensán José Alfonso Palomanes (FC Barcelona), pupilo de Santiago Ferrer que xa estivo no club en 2013 e que foi en 2016 campión de España absoluto ao aire libre.
O maior número de reforzos céntranse no fondo e medio fondo con Javier Andrés (Universidad de Burgos), Ben Amar Djellal Hammadi (Ciudad de Motril), Haytam Garbaoui Jouay (Ciudad de Motril), Hassan Izzeddine Yelmo (Lynze Parla), Manuel Lourenzo (Miler Vintage Running Club) e Vicente Suárez (Comesaña Sporting Club).
Completan as novidades os velocistas Carlos Argibay (Club Atletismo Santiago) e Iñaki Cañal (Atlético Gijonés Fumerú), o marchador Jaime Cañas (Atletismo Intec-Zoiti), o lanzador Imanol Cardona (Uniu Atlética Barberá) e o especialista en valos João Alexandre Ribeiro (Sporting Clube de Braga).
Menos fichaxes concretáronse no equipo feminino, que se reforzou coa especialista en obstáculos Eva Arias (ADAS O Barco), a mediofondista Ana Isabel Fiestras (Club Atletismo Santiago), as velocistas Eugenia Gil (Marineda Atlético) e Iris Jaimez (Cecome Sant Lluis) e por último a polifacética Lucía Ferreiro (Ría Ferrol Concepción Arenal) que a última tempada competiu en salto con pértega, lonxitude, triplo salto, probas de velocidade e ata lanzamento de martelo.
Relacionadas:
-
A Gimnástica organizará por segundo ano consecutivo un encontro da Primeira División Feminina de atletismo
Por Diego Espiño |
-
A Gimnástica pecha acordos de filialidade con catro clubs galegos
Por Redacción |
-
Loito na Sociedad Gimnástica polo falecemento dun dos seus atletas en Vitoria
Por Diego Espiño |
-
Promoción do atletismo a golpe de saltos
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A Gimnástica roza os postos de podio no Campionato de España Absoluto
Por Redacción |