O ciclismo toma o Pontillón do Castro na quinta edición da Pontevedra BTT Non Stop
Por Redacción & Diego Torrado
O Complexo Deportivo David Cal no encoro de Pontillón do Castro, Verducido, foi escenario este sábado dunha xornada deportiva con protagonismo para a bicicleta de montaña.
Alí celebrouse, na súa quinta edición, a Pontevedra BTT Non Stop.
Preto de 200 deportistas tomaron a saída na proba de resistencia, cuxo circuíto de ao redor de 10 quilómetros partía do complexo deportivo para percorrer as inmediacións do encoro.
A actividade comezou ben cedo, ás 9:00 horas, para os inscritos nas 12 horas Non Stop, mentres que os participantes nas 6 horas empezaron a súa andaina ás 15:00 horas.
O obxectivo dos equipos e dos ciclistas que participaron de maneira individual era dar o maior número de voltas posibles ao percorrido deseñado pola organización, a cargo un ano máis da empresa Global DxT.