Máis participación que nunca nas escolas deportivas de Marín
Por Redacción
As escolas deportivas de Marín bateu este ano o seu récord de participación.
Pechado o prazo de inscrición foron 857 as solicitudes recibidas de nenos e nenas para participar nas 26 actividades deportivas propostas por clubs e federacións co apoio do Concello de Marín.
Entre as actividades máis demandadas destaca este ano o judo (con 80 solicitudes), o baloncesto (60), o fútbol e o fútbol sala (50 cada un), ademais do aumento en actividades como o boxeo olímpico e o pilates.
Pola súa banda nas dúas actividades novas, o bádminton logrou unha demanda de 22 solicitudes, mentres que o pádel non chegará a realizarse ao non ter un número mínimo de solicitudes.
Por último, as actividades de natación e natación infantil tiveron que ser sorteadas ao exceder a demanda as prazas dispoñibles, con 52 e 37 solicitudes respectivamente.
As diferentes opcións deportivas darán comezo o día 1 de outubro e finalizarán o 31 de maio de 2019.