O deporte inclusivo volve ao Pontillón do Castro coa cuarta edición de Brincadeira
Por Redacción
A Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal (ASSEII) prepara por cuarto ano consecutivo unha xornada de convivencia no encoro de Pontillón do Castro, en Verducido, coa súa Brincadeira.
A xornada celebrarase este sábado 8 de setembro co obxectivo de promover o deporte e o lecer inclusivo, sen distincións por saúde ou discapacidade.
A actividade dará comezo ás 11:30 horas e concluirá ao redor das 19:00 horas.
Xogos e actividades como o skate, unha ruta de sendeirismo, waterpolo, bicis de auga ou kaiak compoñen a programación dunha xornada que concluirá cunha gran xincana familiar.
O prezo por participar será de 2,50 euros para os maiores de 12 anos, recomendando desde ASSEII aos participantes que leven a súa propia comida ou merenda.