O Waterpolo Pontevedra ponse en marcha cun mes de portas abertas
Por Redacción
Co inicio do mes de setembro o Club Waterpolo Pontevedra dá o pistoletazo de saída a unha tempada especial, a do seu vixésimo aniversario.
Todos os xogadores do club estaban convocados este luns 3 de setembro a unha reunión técnica previa á volta á piscina.
A volta ao traballo trae consigo unha promoción para tentar captar o número de xogadores nas diferentes categorías, masculinas e feminina. Desta forma os adestramentos previstos a partir do día 4 serán de portas abertas ata final de mes.
Con esta medida calquera nena ou neno, a partir dos 8 anos de idade, poderá probar o waterpolo de maneira gratuíta.
Superar un ano máis o cento de xogadores federados é o principal obxectivo do Waterpolo Pontevedra, que vén da que foi a súa mellor tempada con 13 título autonómicos e presenza nos campionatos de España en diferentes categorías.
Relacionadas:
-
O Waterpolo Pontevedra, de novo á auga co inicio da Liga Galega
Por Redacción |
-
José Tellería, novo presidente do Club Waterpolo Pontevedra
Por Redacción |
-
Boa imaxe do Waterpolo Pontevedra nos nacionais de Castelló e Sabadell
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra fai un bo balance do Nacional infantil e xuvenil
Por Redacción |