O Waterpolo Pontevedra fai un bo balance do Nacional infantil e xuvenil
Por Redacción
O Club Waterpolo Pontevedra afrontou esta fin de semana os dous primeiros campionatos de España nos que participará esta tempada: o infantil de Elxe e o xuvenil das Palmas.
No primeiro deles, os pontevedreses lograron situarse no posto 17 dos 24 participantes. Con todo, desde o club destacan a capacidade de reacción o equipo, que logrou ir de menos a máis e terminar o torneo nun bo momento de forma.
Tras concluír a fase de grupos cunha derrota ante o CN Molins de Rei (2-12) e un empate ante o CN Caballa de Ceuta (8-8), o CW Pontevedra impúxose na loita pola decimoséptima praza ao Urbat vasco (7-5), os anfitrións do CW Elxe e o Soller balear (10-4).
A Elxe viaxaron David, Marcos, Hugo, Raúl, Javi, Iria, Anxo, Izaskun, Rocío, Xoel, Paula, Andre e Pablo, que gozaron dun campionato para o recordo.
Pola súa banda, o equipo xuvenil do Club Waterpolo Pontevedra disputou o campionato de España xuvenil de 2ª categoría.
A fase de grupos completouse con derrota ante o Stadium Casabranca de Zaragoza (10-6), o CW Murcia (7-5), o CW Marbella (14-7) e o CN Metropole (18-6).
Co último posto do grupo, o CW Pontevedra mediuse ao Lautada vasco polo noveno posto, pero xa sen forzas e coa moral decaída os pontevedreses xogaron moi bloqueados, sen ideas en ataque e cometendo erros defensivos que lle deron unha vitoria demasiado avultada ao seu rival por 8-4.
Víctor, Ángel, Rodrigo, Sergio, Lucas, Eric, Xandre, Aarón, Juanjo, Germán, Diego, Abel e Enrique foron os representantes do club neste campionato.