Suso Morlán recibe a insignia de ouro da Federación Galega de Piragüismo
Por Redacción
A Federación Galega de Piragüismo homenaxeou a un dos adestradores que lle deu maior éxito nos últimos anos, como é Suso Morlán.
O ex-preparador de David Cal recibiu en Montemor O Velho, Portugal, a insignia de ouro da institución federativa, aproveitando a celebración na localidade lusa do Campionato do Mundo Sprint de Piragüismo.
Alfredo Bea, presidente da Federación, aproveitou a ocasión para facerlle entrega da máxima distinción, despois de que Morlán non puidese asistir á gala do piragüismo galego celebrada o pasado mes de decembro en Ribadumia.
O adestrador pontevedrés recupérase dunha grave enfermidade que lle apartou durante un tempo do mundo do deporte, o que non impediu que siga envorcado co seu labor como responsable do equipo de canoa brasileiro.