O SETGA Monte Porreiro proclámase subcampión galego por equipos
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O pasado fin de semana celebrouse en Cambados o XXVI Campionato Galego Absoluto de tenis de mesa individual e por equipos, con gran resultado do Monte Porreiro.
No apartado inidividual o club pontevedrés estaba representado por sete xogadores do Enmacosa e catro xogadoras do SETGA, sendo os mellores resultados os de Eli Cadilla, concluíndo en terceira posición, e Nacho Fernández, cuarto.
Ambos os dous cruzáronse en semifinais con xogadores profesionais. No caso de Nacho o seu adversario foi Pere Navarro, xogador catalán do Arteal de Santiago ante o que cedeu 3-1 nun bo partido do lerezano, que xa conseguira eliminar en oitavos de final a outro dos favoritos, o galego Marcos Sanmartín. Eli Cadilla pola súa banda, cruzouse en semifinais con Raquel Bonilla, xogadora asturiana tamén do Arteal Santiago.
Por outro lado, na clasificación por equipos o SETGA Monte Porreiro proclamouse subcampión sendo derrotado na final polo conxunto compostelán do Arteal.