Goleada do Arosa en Ourense (1-5) para manter as súas opcións de ascenso ata o último minuto
Por Redacción
Poucos o terían imaxinado hai un par de meses, pero o Arosa de Piscis conseguiu chegar á última xornada de liga con opcións de ascenso á Terceira División.
Despois de gañar ao último Ponte Ourense a domicilio (1-5) o equipo vilagarciano necesita gañar ao Pontellas na Lomba e esperar a derrota do Cultural Areas e a picada do Portonovo, unha combinación complicada pero non menos que a remontada realizada ata agora e que podería, polo menos, permitirlle aspirar a unha das prazas de ascenso condicionada aos resultados dos equipos galegos no play-off de Terceira.
A pesar do avultado do resultado o Ponte Ourense formulou máis problemas dos esperados ao Arosa nos primeiros minutos, aínda que despois do primeiro gol de Hugo, no minuto 32, a tarefa se facilitou para ell conxunto arlequinado.
PONTE OURENSE CF (1): Marcos (Ángel II, min.71), Castro, Viana, Schuster, Tomás, Carballo, Meleiro, Felipe (Dani, min.76), Lamelas, Gabi (Alejandro, min.75), Simón (Fernández, min.60).
AROSA SC (5): Toño, Juanjo, Martín , Santi, Comesaña, Rivas, Vixo, ÿscar, Eloy (Julio, min.82), Camiño (Jonathan, min.82), Hugo (Nando, min.75).
Árbitro: Folgueira Ríos (Lugo). Amoestou ao local Tomás e ao visitante Comesaña.
Goles: 0-1 Hugo, min.32; 0-2 Vixo, min.38; 0-3 Hugo, min.59; 1-3 Fernández, min.63; 1-4 Hugo, min.70; 1-5 Nando, min.80.
Incidencias: Partido disputado no campo de Oira, Ourense.