Unha fin de semana redonda para o Natación Galaico
Por Redacción
Non puido resultar máis positiva a fin de semana para o Club Natación Galaico, que confirmou unha vez máis o seu dominio a nivel autonómico.
O club pontevedrés proclamouse vencedor do Campionato Galego Absoluto de verán disputado na piscina olímpica de Pontemuiños.
Despois de catro días de competición, o Galaico acumulou 986 puntos, superando con autoridade a CN Liceo (729,5 puntos) e a Pabellón Ourense (662 puntos), segundo e terceiro respectivamente. Ademais os locais conseguiron o segundo posto na categoría junior (490 puntos), só superado polo RCN Vigo (552 puntos).
Pola súa banda na categoría infantil o primeiro posto foi para o CN Liceo (743 puntos).
Pero máis aló da festa da natación autonómica no complexo de Rías do Sur, con máis de 400 deportistas participantes, o Club Natación Galaico redondeou a fin de semana cunha medalla nacional.
Foi o bronce conseguido por Alicia Bouzas no Campionato de España Alevín celebrado en Sabadell, ao ser terceira no 400 libre cunha marca de 4:39.19.