Procura de apoios no Arxil para cubrir o seu orzamento
Por Redacción
O Club Baloncesto Arxil lanzou unha chamada de auxilio para tentar cubrir o orzamento da tempada deportiva que está cada vez máis preto de comezar.
Faio ante o incremento de gasto que asegura vai supoñer a configuración final do Grupo A de a liga Feminina 2 de baloncesto.
Coa repartición de grupos feito pola Federación Española o conxunto pontevedrés verase obrigado a viaxar durante a competición regular en cinco ocasións a Cataluña, unha a Navarra e dúas ao País Vasco, ademais dunha vez a Asturias, outra a Castela-Léon e catro a Galicia.
Máis quilómetros que os completados en pasados anos e que puxeron contra as cordas á directiva, que xa se decidiu a confeccionar un plantel curto acorde coa súa actual situación económica.
Por todo iso o Arxil pide o apoio dos seus simpatizantes, empezando pola campaña de socios que terá un custo de 20 euros por carné.