O Arco Xeve presume de campión de España
Por Redacción
O IV Campionato de España de Tiro con Arco 3D júnior, cadete e para menores de 14 anos deixou a pasado fin de semana unha grata noticia para o Arco Xeve.
O club pontevedrés presume de contar nas súas filas con todo un campión nacional, grazas ao bo papel protagonizado en Cataluña por Mateo Palmeiro.
Na competición celebrada nas instalacións do Club Catalan de Tiro con Arco Can Piqué, en Barcelona, o representante do Arco Xeve conseguiu a medalla de ouro na categoría de arco composto sub-14.
Tras concluír o primeiro percorrido en segunda posición, Mateo conseguiu remontar para superar por só dous puntos ao valenciano Aníbal Esclápez, mentres que a medalla de bronce foi para o murciano Álvaro Esquiva.