Lugo, Celta B e Rápido de Bouzas verán as caras co Pontevedra en pretempada
Por Redacción
Nin fichaxes, nin partidos de pretemporada, nin campaña de socios. O apagamento informativo que rodea ao Pontevedra CF é total. Así, é a través de terceiros equipos como se está desvelando como será a preparación do club granate para a próxima tempada.
O Sporting de Gijón confirmaba hai uns días que se enfrontará ao Pontevedra na localidade asturiana de Avilés o próximo 21 de xullo. E, nas últimas horas, outros equipos que disputarán amigables contra os homes de Luismi desvelaron as datas destes choques.
Un deles foi o Club Deportivo Lugo. O conxunto galego de Segunda División confirmou que viaxará ata Pontevedra o vindeiro mércores 25 de xullo.
Será o choque que protagonizará un dos torneos estivais que os granates celebran no campo municipal de Pasarón. O encontro celebrarase a partir das oito da tarde.
Tres días despois, o sábado 28, chegará unha importante pedra de toque. Será en Moraña, no marco do Torneo Carneiro ó Espeto.
Alí, o Pontevedra disputará un torneo triangular contra dous dos seus rivais na nova tempada da Segunda B: o filial do Celta de Vigo e o Rápido de Bouzas, dous conxuntos que o ano pasado pelexaron polos postos de ascenso a Segunda.