Quinto posto para o Waterpolo Galaico no Campionato de España de 3ª División
Por Redacción
O Club Waterpolo Galaico Pontevedra concluíu a súa participación no Campionato de España Masculino de 3ª División, celebrado na cidade biscaíña de Portugalete, cun quinto lugar entre sete participantes cunha actuación cualificada dende o equipo lerezanos de "agridoce".
A sensación amarga chega polo axustado de todos os resultados, aínda que o Galaico quedou encadrado no grupo máis forte, no que se encontraban os que a posteriori se convertitían en finalistas, CN Cuatro Caminos e Náutica Portugalete. O outro rival de grupo foi un vello coñecido, un CW Santiago que viaxou con só dez xogadores.
Os pontevedreses debutaron cunha derrota ante o Cuatro Caminos (16-11) para caer o día seguinte co Portugalete (13-10) e concluíron a súa participación con dous triunfos ante o CW Santiago, primeiro en partido da primeira fase e despois polo quinto posto (9-6 e 13-7).
O equipo vencedor e que ademais logrou o ascenso de categoría foi o Cuatro Caminos, que se impuxo na quenda de penaltis da final ao conxunto anfitrión.