O Sanxenxo remonta no desconto un partido tolo no Grove (1-2) con cinco expulsións
Por Redacción
Un golpe de orgullo salvou os tres puntos para o Xunventú Sanxenxo no Grove (1-2) no tempo de desconto para seguir aspirando ao ascenso de categoría.
Cando todo parecía perdido, con 1-0 no marcador obra de Jandro na primeira metade, dous goles de Álex Galdames no 89 e Diego Blanco no 92 voltearon o marcador para o Sanxenxo nun partido tolo no que os amarelos acusaron o nerviosismo de verse por detrás no electrónico conscientes de todo o que estaba en xogo.
O colexiado foi o auténtico protagonista do choque con ata cinco expulsións que enfandaron aos dous conxuntos.
USD O GROVE (1): José, Muelles, Anxo, Borja (Rafa, min.82), Ameixeiro, Iago Nogueira, Jandro (Siño, min.71), Félix, Ramón, Turu (Mateo, min.65), Álex (Alexis, min.55).
XUVENTÿ SANXENXO (2): Vladimir, Darío (Minso, min.73), Fiti, Zalo, Javi, Deivi (Vidal, min.51), Diego Blanco, Cañi, Cuchi, Álex Galdames, Curri.
Árbitro: Ordóñez Rodríguez (A Coruña). Amoestou aos locais Rafa, Ameixeiro e Iago Nogueira e ao visitante Fiti. Expulsou por dobre amarela a Anxo (min.40) e Ramón (min.44) no Grove e con vermello directa ao local Rafa (min.86) e aos futbolistas do Sanxenxo Cañi (min.51) e Zalo (min.92).
Goles: 1-0 Jandro, min.22; 1-1 Álex Galdames, min.89; 1-2 Diego Blanco, min.92.
Incidencias: Partido disputado no Monte da Vila, O Grove.