Sufrida vitoria do Portonovo ante o Estradense (1-0) que o sitúa a un paso do ascenso
Por Redacción
Un solitario gol de César aos 8 minutos achega o ascenso para o Portonovo a tiro de pedra, concretamente dun partido, o duelo de rivalidade local que o enfrontará ao Xuventú Sanxenxo en Baltar o próximo domingo. Se os arlequinados logran os tres puntos serán matematicamente equipo de Terceira División, aínda que unha derrota daría vantaxe ao seu veciño.
Para chegar a esta situación os de Ricardo Fernández tiveron que suar a gota gorda ante o Estradense (1-0), que apertou nos minutos finais despois de que o Portonovo quedase cun xogador menos pola expusión de Álex Cubas no minuto 54.
Na primeira metade os locais controlaran ben o xogo desperdiciando claras ocasións para encarrilar o encontro.
PORTONOVO SD (1): Marcos Bermúdez, Suso Bea, Melchor, Renda, César, Víctor, Suso (Sieiro, min.66), Gándara (Marcos, min.82), Martín (Agus, min.90), Nacho (Camiña, min.92), Álex Cubas.
CD ESTRADENSE (0): Makelele, Martín (Fer, min.80), Chan, Brais, Fafú, Xenxo, Mateo, Vicente, Escudero (Arturo, min.45), Unai, Adri.
Árbitro: Mosqueira Fontes (Santiago). Amoestou aos locais Víctor, Suso Bea, César e Sieiro e aos visitantes Unai, Adri e Xenxo. Expulsou por dobre amarela ao xogador do Portonovo Álex Cubas (min.54).
Gol: 1-0 César, min.8.
Incidencias: Partido disputado no campo de Baltar, Portonovo.