Quenda para os grandes obxectivos do ano no Froiz
Por Redacción
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz prepárase para defender a súa posición de dominio en Galicia, demostrada hai un ano cos seus triunfos nas voltas a Coruña e Galicia.
Precisamente estas roldas por etapas están marcadas en vermello no calendario da escuadra alimenticia, que este xoves concentrouse en Cambre para preparar a primeira destas citas, a volta á provincia coruñesa.
Serán tres etapas cun perfil duro e terreo para marcar diferenzas, empezando por unha primeira xornada este venres de 150 quilómetros con saída e chegada a Ponteceso e dúas ascensións puntuables, unha de 3ª categoría e outra ao xa mítico alto de Ézaro (1ª categoría).
A segunda etapa, con saída e meta en Curtis, contará con 150 quilómetros e ascensións a un porto de 3ª e outro de 1ª categoría.
Por último o domingo será a quenda da etapa decisiva, en Cariño, con 125 quilómetros con dous portos, o de 1ª categoría no quilómetros 37 e outro de 3ª no 76.
Para esta proba o Froiz dispuxo un equipo con Iván Martínez, Miguel Gómez, Sergio Vega, Jesús Rodríguez, Diego González, Diego Noriega e Martín Lestido, defensor da camisola de campión do pasado ano. Se o equipo dirixido por Evaristo Portela conseguise vencer sería o seu undécima vitoria nesta rolda nas súas 16 edicións.
Relacionadas:
-
O Froiz, satisfeito do seu papel ante profesionais en Portugal
Por Redacción |
-
Sergio Vega dálle ao Froiz a súa undécima Volta á Coruña
Por Redacción |
-
Iván Martínez dálle ao Froiz o Campionato de Castela A Mancha
Por Redacción |
-
O Froiz copa o podio no Campionato Galego Sub-23
Por Redacción |
-
O Froiz volve liderar o ránking nacional catro anos despois
Por Redacción |