Lourdes Domínguez clasifícase para segunda rolda no torneo de tenis de Luxemburgo
Por Redacción
A tenista pontevedresa Lourdes Domínguez Lino conseguiu o seu pase á segunda rolda do torneo de Luxemburgo, puntuable para a WTA, salvando ao tenis feminino español dunha prematura eliminación tras impoñerse á alemá Tatjana Malek, á que derrotou en dúas mangas por 7-6 (3) e 6-1, demostrando moita solidez tras sufrir para conseguir o primeiro set.
Lourdes, que ocupa o posto 54 da clasificación mundial, espera rematar o 2012 co mellor posto no ránking da súa carreira e medirase á eslovaca Magdalena Rybarikova, verdugo de Carla Suárez.
O torneo de Luxemburgo dispútase sobre superficie dura e reparte 220.000 dólares en premios.