Hantuchova elimina a Lourdes Domínguez nos cuartos de Luxemburgo
Por Redacción
Lourdes Domínguez non puido meterse en semifinais do torneo WTA de Luxemburgo ao caer en dúas mangas (7-5 e 6-0) ante a eslovaca Daniela Hantuchova nunha hora e 36 minutos de partido.
A pontevedresa arrancou o partido con forza e logrou poñerse 4-1 no marcador con servizo a favor, pero a súa rival soubo sobrepoñerse para levarse a primeira manga. Aí escapáronse as opcións de Lourdes, que no segundo set non puido facer fronte ao mellor xogo de Hantuchova, coa que perdeu nas cinco ocasións que se enfrontaron.
Con este torneo, a galega asegúrase rematar o ano no número 52 do ranking, o mellor posto da súa carreira ao final dunha tempada, unha situación que a tenista valorou na súa conta de twitter ao terminar o pardido en Luxemburgo.
Hoy no ha podido ser pero muy contenta y feliz de la temporada realizada, ha sido larga, dura, intensa, pero maravillosa!
Lourdes Dominguez (@ldominguezlino) octubre 19, 2012