Competición confirma unha sanción de dous encontros a Álex Gonzaléz
Por Diego Espiño
O Xuíz Único de Competición da Segunda División B confirmou os peores temores do Pontevedra ao establecer dous partidos de sanción para Álex González.
Non por esperada, a nova deixou de caer como un xerro de auga fría no futbolista e no club, xa que desta forma perderá dúas das tres xornadas que restan de competición, e só volvería estar dispoñible para a última cita ligueira ante o Atlético de Madrid B.
"Al ver el acta ya estaba claro que iban a ser dos", recoñece resignado o técnico do equipo granate, Luismi, e é que o colexiado do encontro reflectiu que xogador do Pontevedra tras ser expulsado, presenciou o partido desde a entrada do túnel que dá acceso aos vestiarios.
Ese é o motivo do segundo encontro de suspensión, que se suma ao primeiro derivado da propia expulsión por dobre cartolina amarela. Vendo a redacción do acta, que non deixaba lugar á interpretación, o Pontevedra asumiu o castigo sen recorrer.
DARÍO FÓRA E ADRIÁN LEÓN, COMPLICADO
"Lo de Darío pinta mal", recoñeceu este mércores en rolda de prensa Luismi tras un adestramento no que o central uruguaio non compareceu sobre o terreo de xogo. Quedou traballando no ximnasio tras o diagnóstico de leve rotura fibrilar na súa perna esquerda, que lle fai estar descartado para o duelo do domingo en Segovia e case con total seguridade para a seguinte xornada ante o Adarve, sendo o obxectivo poder recuperalo para a última xornada.
Ademais Adrián León segue sen exercitarse co grupo polas súas molestias nun xemelgo e a súa presenza en Segovia antóllase complicada, aínda que a súa intención é poder reincorporarse ao traballo co resto dos seus compañeiros esta mesma semana e comprobar así como evoluciona a doenza. Por outra banda Anxo, o actual segundo gardameta do equipo, retirouse este mércores prematuramente da sesión celebrada no campo de fútbol da Xunqueira.
No aspecto positivo o futbolista que si se mostra recuperado é Jimmy, cuxa incorporación alivia as carencias no costado zurdo do equipo coa citada sanción a Álex González.
Relacionadas:
-
O Coruxo prescinde do pontevedrés Rafa Sáez no momento decisivo da tempada
Por Redacción |
-
Dúas xornadas nas que todo pode pasar
Por Diego Espiño |
-
A Gimnástica Segoviana saca as vergoñas e complica de novo a un mal Pontevedra (3-0)
Por Redacción |
-
O Pontevedra espera un partido de "mucha presión" en Segovia
Por Diego Espiño |
-
A derrota do Toledo no seu partido aprazado despexa un pouco máis o panorama do Pontevedra
Por Redacción |
-
Unha rotura de fibras fai perigar o concurso de Darío Flores no tramo final da liga
Por Diego Espiño |
-
Sufrimento con final feliz para o Pontevedra en Valladolid (1-2)
Por Redacción |