Un gol de Nel dobrega ao Estradense (1-0) e mete de novo na pelexa ao Sanxenxo
Por Redacción
O Sanxenxo toma impulso despois de tres tropezos consecutivos para meterse de cheo na pelexa polo ascenso.
Un solitario gol de Nel aos 19 minutos desnivelou a balanza ante o Estradense (1-0) dando os tres puntos a un conxunto amarelo que se sitúa, grazas ao tropezo do Portonovo, a un punto do ascenso a falta de tres xornadas para o final da liga.
Os de ÿscar García tiveron ocasións para sentenciar o encontro pero ao final tiveron que sufrir para asegurar un triunfo que pode ser vital nas súas aspiracións.
XUVENTÿ SANXENXO (1): Vladimir, Minso, Fiti (Darío, min.67), Zalo, Javi (Fon, min.76), Deivi, Nel (Diego Vidal, min.21), Diego Blanco, Cañi, Curri (Álex Galdames, min.85), Cuchi.
CD ESTRADENSE (0): Makelele, Martín (Pato, min.71), Chan, Yupe, Silva, Brais, Xenxo (Fer, min.80), Mateo, Adri (Varela, min.88), Fafú, Unai.
Árbitro: Piñeiro Gondar (Pontevedra). Amoestou a Javi no Sanxenxo e Silva, Martín, Brais e Xenxo no Estradense. Expulsou por dobre amarela ao visitante Yupe (min.73).
Gol: 1-0 Nel, min.19.
Incidencias: Partido disputado no campo de Baltar de Arriba, Sanxenxo.