Esvarón do Portonovo (2-0) en Pontellas
Por Redacción
Freada á excelente marcha do Portonovo, que caeu derrotado no campo do Pontellas e ve como o Choco lle dá alcance na clasificación tras a súa vitoria sobre o Ribadumia. Dous goles de Zurdo plasmaron a superioridade sobre o campo do conxunto local, que estivo máis acertado no xogo e especialmente ante a portaría contraria.
O primeiro tanto chegaba no minuto 37, ao aproveitar Zurdo un erro no rexeitamento de Suso Bea. O intento de reacción do Portonovo tras o descanso viuse limitado coa expulsión de Caste, no minuto 59, e aínda que pouco despois, no 71, se equilibraban as forzas tras ser expulsado o local José, Zurdo volvería acertar co segundo gol, apenas dous minutos máis tarde, sentenciando o resultado.
PONTELLAS, C.F. (2): Solla, José, Sito, Berto, Pelón, Diego Blanco, Domínguez (Samuel, min. 67), Chuli, Zurdo (Javi, min. 84), Comís (Pablo, min. 84) e Lucas (Isaac, min. 75).
PORTONOVO, C.F. (0): Marcos, Caste, Bolo (Sieiro, min. 56), Renda, César, Suso Bea, Suso Vidal (Martín, min. 79), Álex Cubas (Gándara, min. 68), Víctor, Nacho e Melchor (Angelillo, min. 79).
Goles: (1-0) Minuto 37: Zurdo. (2-0) min 73: Zurdo.
Árbitro: Lorenzo Quintás (Ourense). Expulsou por dobre amarela a Caste (minuto 57) e José (minuto 71). Amoestou a Sito, Domínguez, Zurdo, Samuel e Suso Vidal.
Incidencias: Campo de San Campio. 150 espectadores.