Respira o Villalonga que sae dos postos de descenso coa súa vitoria (1-3) en Narón
Por Redacción
Un Narón xa descendido e un Villalonga que intentaba aferrarse á categoría. Os nervios dos visitantes e a tranquilidade local levaron a un primeiro tempo aburrido, con pouco ritmo e menos xogo. Pero as cousas cambiaron na reanudación.
Os de Julián Ferreiro regresaron ao campo decididos e pronto encontraron a recompensa cun gol en de Jorge Fernández. Uru e Javi Nogueira tiveron nas súas botas a sentenza, pero sería Machu o que lograse o tanto da tranquilidade, ao rematar un corner botado por Marc.
O Narón reclamou un posible penalti sobre Juanito que o colexiado non sancionou, antes de que Ramón fixese o terceiro gol visitante. Xa no desconto os locais lograban reducir diferenzas, por medio de Justo. Con este resultado o Villalonga supera o Dorneda e abandona os postos de descenso.
NARÿN BALOMPÿ (1): José Ramón, Agustín, Justo, Alberto, Álex Cabarcos, Juanito, Queijeiro, Martín (ÿscar, min. 56), Coedo, Carba e Santi (Pablo, min. 60).
VILLALONGA, F.C. (3): Roberto Pazos, Leo, Marc, Tenorio, Jorge Fernández (Ramón, min. 77), Fran Matos, Machu (Piñeiro, min. 87), Javi Nogueira, Uru, Isma e Quini.
Goles: (0-1) Minuto 46: Jorge Fernández. (0-2) Minuto 76: Machu. (0-3) Minuto 84: Ramón. (1-3) Minuto 90: Justo.
Árbitro: Extremadura Hernández (Vigo). Amoestou a Alberto.
Incidencias: Campo de Río Seco (Narón). Ao redor de 100 espectadores, máis da metade chegados dende Vilalonga.