Suspendidos os partidos do torneo de futbol benxamín de Monte Porreiro
Por Diego Torrado & Ramiro Espiño
As malas condicións meteorolóxicas obrigaron a suspender os encontros previstos para este venres 30 de marzo no Campo de Fútbol de Monte Porreiro onde se ía a disputar a fase previa do torneo internacional benxamín fútbol-7 valedoiro para o 20 Torneo Internacional “Cidade de Pontevedra”.
Esta fase previa, na que participaban 16 equipos de toda Galicia, está organizada pola SD Monteporreiro, e os sete conxuntos mellor clasificados obteñen praza para disputar a fase final do torneo cuxa organización recae na Escuela de Fútbol Portero 2000.
As fortes choivas e ventos, así como granizadas caídas, cando xa se empezaran a xogar algúns partidos, levaron aos organizadores a tomar a decisión de suspender o resto da xornada, quedando pendente a decisión de se esta fase previa trasládase a outra data, no mes de maio, ou pola contra suspéndese de forma definitiva, cubrindo as sete prazas destinadas a participantes na fase final por invitación directa.
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior de Vicepresidencia da Xunta activou a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral de Galicia desde a madrugada deste xoves.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), estamos a sufrir temporal costeiro por vento do oeste ao suroeste cambiando a noroeste de forza 8, e mar combinada con ondas que poden alcanzar os 7-8 metros.