Sergio Vega, noveno no Trofeo Guerrita, confírmase como primeira opción do Froiz na Copa de España
Por Redacción
Só se completaron tres carreiras, pero xa pode falarse do mellor inicio dos últimos anos do Grupo Deportivo Supermercados Froiz na Copa de España Elite e Sub-23 de ciclismo na estrada.
O conxunto alimenticio estivo preto do triunfo no Trofeo Guerrita celebrado este domingo na localidade murciana de Alcantarilla, pero finalmente Sergio Vega entrou na meta no 9 posto e Diego Noriega no décimo, nun pequeno grupo que chegou a meta a 14 segundos do vencedor, Juan Pedro López (Polartec- Kometa).
Vega confírmase como a primeira opción do Froiz na xeral da competición, a pesar da súa caída hai unha semana no País Vasco, ascendendo á duodécima posición con 176 puntos, polos 286 que acumula o novo líder, Antonio Jesús Soto (Lizarte). Andres del Castaño pola súa banda pecha o Top-20 con 116 puntos.
No Trofeo Guerrita tanto Sergio Vega como Diego Noriega, que acumula 110 puntos na xeral, entraron no corte decisivo de 20 corredores que se formou na gran ascensión do día, de primeira categoría.
Superada a dificultado Juan Pedro López marchou na cabeza xunto a Cristian Mota, formando un dúo que xogaría o triunfo ao sprint. O segundo grupo cos corredores do Froiz chegaría a 14 segundos e o resto do pelotón a 28 segundos.
A próxima cita da Copa de España, cuarta proba puntuable, disputarase o 8 de abril co Memorial Valenciaga.
IVÁN MARTÍNEZ, SEGUNDO EN SABADELL
O fin de semana do Froiz contou con outra positivas noticia da man de Iván Martínez, que correu en solitario na 47 edición do Trofeo Joan Escolá Sabadell, unha challenge de dous días na que na primeira etapa finalizou quinto, mentres que no segundo día alzouse cun segundo posto na etapa para ser tamén segundo na xeral final.
Relacionadas:
-
O Froiz quere achegarse ao amarelo da Copa España no Memorial Pascual Momparler
Por Redacción |
-
Sergio Vega sobe posicións na xeral da Copa España tras ser segundo en Torredonjimeno
Por Redacción |
-
O Memorial Valenciaga e a Clásica de Pascua, no punto de mira do Froiz
Por Redacción |
-
Xornadas de probas biomecánicas no Froiz
Por Redacción |
-
Iván Martínez logra en Zamora a primeira vitoria da tempada para o Froiz
Por Redacción |
-
Terceira oportunidade para o Froiz na Copa de España
Por Redacción |
-
Un ciclista do Froiz sofre mentres adestraba o seu segundo atropelo en seis meses
Por Diego Espiño |
-
O Supermercados Froiz acada o décimo posto na Clásica de Aitzondo
Por Noelia Torres Pintos |