Terceira oportunidade para o Froiz na Copa de España
Por Redacción
Despois dunha semana axitada, cunha accidentada participación na Clásica de Aiztondo e o posterior atropelo mentres adestraba en Pontevedra do seu corredor Abel Franco, o Grupo Deportivo Supermercados Froiz afronta unha nova oportunidade na Copa de España Elite e Sub-23.
A escuadra alimenticia viaxa a terras murcianas para tomar parte na terceira cita puntuable da competición nacional, o Trofeo Guerrita, o vindeiro domingo 11 de marzo.
Farao co seu ciclista mellor clasificado na xeral, Sergio Vega, recuperado da súa caída no País Vasco e que tentará repetir as boas sensacións que mostrou na proba inaugural da tempada.
Ademais de Veiga, respresentarán o Froiz en Murcia os corredores Diego Noriega, Ander Del Castaño, Diego González, Joan Ruiz, Aarón Mariño e Aitor Bugarín.
Para o equipo dirixido por Evaristo Portela o Trofeo Guerrita adáptase, a priori, ás súas características cun esixente percorrido de 148 quilómetros nos que o pelotón deberá superar ata tres dificultades montañosas, os altos de Espuña e Geba de 3ª categoría e o porto da Perdiz, de 1ª categoría.
Relacionadas:
-
Sergio Vega, noveno no Trofeo Guerrita, confírmase como primeira opción do Froiz na Copa de España
Por Redacción |
-
Un ciclista do Froiz sofre mentres adestraba o seu segundo atropelo en seis meses
Por Diego Espiño |
-
O Supermercados Froiz acada o décimo posto na Clásica de Aitzondo
Por Noelia Torres Pintos |
-
O sexto posto de Sergio Vega, notable debut do Super Froiz na Copa España
Por Redacción |