O Nacional Sub-18 en pista cuberta, novo reto para a Gimnástica
Por Redacción
Un novo Campionato de España de Atletismo en Pista Cuberta, nesta ocasión na categoría sub-18, asoma no horizonte da Sociedad Gimnástica.
Seis atletas do club pontevedrés participarán durante a fin de semana na competición que terá lugar na localidade malagueña de Antequera.
A deportista pontevedresa que chega con mellor marca é Paula de la Torre nos 800 metros. Medalla de bronce autonómica nesta distancia, acode á cita coa sétimo mellor rexistro entre as inscritas (2:19.16) coa intención de chegar canto menos ás semifinais.
Blanca Armenteros tamén participará nos 800 metros, no seu caso acreditando un tempo de 2:21.71 no posto 21 entre as 28 deportistas participantes.
Marco Martínez pola súa banda competirá en dúas disciplinas, sendo a lonxitude na que chega en mellor disposición cun rexistro de 6.58 metros que supón o décimo mellor dos aspirantes. Ademais tomará parte nos 60 metros lisos.
Nos 60 lisos competirá tamén Cristina Garrido, que debutará nun campionato de España individual cunha mellor marca de 8.03.
Pablo Tojal en pértega e Raúl Cortizo, que acode coa novena mellor marca no salto de altura, completarán o equipo da Gimnástica no Nacional Sub-18.
Relacionadas:
-
Un posto de finalista, tres mellores marcas e unha mínima nacional, balance da Gimnástica en Antequera
Por Redacción |
-
O ximnástico Hugo García Souto, subcampión nacional campo a través en idade sub-16
Por Redacción |
-
Andrea González proclámase en Castellón campioa de España sub-20 de xavelina
Por Redacción |
-
Quince medallas, colleita da Gimnástica nos campionatos galegos sub-18 e sub-20
Por Redacción |