Andrea González proclámase en Castellón campioa de España sub-20 de xavelina
Por Redacción
Con tres atletas desprazouse esta fin de semana a Sociedad Gimnástica a Castelló para participar no campionato de España de lanzamento de inverno en categorías de menores e o resultado non puido ser máis positivo. Andrea González proclamouse campioa nacional na proba sub-20 de xavelina.
Andrea González, que partía coa segunda mellor marca das participantes, realizou un magnífico concurso con todos os seus lanzamentos por encima de 40 metros. O último deles voou ata os 44,14 metros, a súa mellor marca persoal, e que lle serviu para colgarse o ouro.
Claudia Puig tamén realizou dous grandes concursos finalizando en cuarta posición tanto en lanzamento de xavelina sub 20 como en lanzamento de disco sub20.
A nova, que antes da competición partía coa quinta mellor marca en ambas as disciplinas, logrou ademais a marca mínima para o campionato de España sub20 ao aire libre de Murcia no lanzamento de xavelina, cun mellor lanzamento de 37.65 metros. En lanzamento de disco, a cuarta posición asinouna cun mellor lanzamento de 35.43 metros.
A Castelló viaxou tamén María Jiménez, atleta sub18 que competiu en lanzamento de disco finalizando en sétima posición cun mellor lanzamento de 35.89 metros, o que tamén é a súa mellor marca persoal.
NACIONAL DE CROS
Ademais, a Gimnástica tamén estivo representada no campionato de España de cros, en categoría xuvenil, celebrado no parque fluvial de Viesques (Xixón),
Nun duro circuíto, que amenceu xeado e que a medida que os corredores o ían pisando íase convertendo en barro, Paula de la Torre, Blanca Armenteros, Paola de Montis e Mónica Junquera competiron xunto a 52 equipos máis, finalizando en 19º posición.
Das 260 atletas que finalizaron os 4.405 metros de que constaba o circuíto, Paula de la Torre finalizou en 16º posición cun tempo de 17.24 minutos, Blanca Armenteros 36º con 17.59, Paola de Montis 153º con 20.13 e Mónica Junquera 200º con 21.18.
Relacionadas:
-
Dobre podio para a Gimnástica no Campionato Galego de Clubs
Por Redacción |
-
A tempada de atletismo ao aire libre ponse seria
Por Redacción |
-
Un posto de finalista, tres mellores marcas e unha mínima nacional, balance da Gimnástica en Antequera
Por Redacción |
-
O Nacional Sub-18 en pista cuberta, novo reto para a Gimnástica
Por Redacción |
-
O ximnástico Hugo García Souto, subcampión nacional campo a través en idade sub-16
Por Redacción |
-
Quince medallas, colleita da Gimnástica nos campionatos galegos sub-18 e sub-20
Por Redacción |