O Pontevedra recibe 95.000 euros derivados dos dereitos televisivos da Copa do Rei
Por Redacción
Os clubs galegos coñeceron o pasado sábado que cantidade recibirán en concepto de axuda por parte da Real Federación Española de Fútbol.
O presidente da Federación Galega, Rafael Louzán, reuniu aos clubs autonómicos que militan en Segunda B e Terceira División para explicarlles como queda establecido a repartición das cantidades, correspondentes á venda dos dereitos televisivos da Copa do Rei.
Por este concepto o Pontevedra Club de Fútbol recibirá un total de 95.000 euros, dos cales 70.000 correspóndense por militar na Segunda División B e os outros 25.000 euros por participar esta tempada na Copa, na que quedou apeado na primeira rolda.
Pola súa banda os clubs de Terceira, entre os que se atopan representantes da comarca como o Arosa, Céltiga, Ribadumia e Villalonga, percibirán cada un deles unha axuda de 33.000 euros.
En total a Real Federación Galega de Fútbol canaliza por esta vía a repartición de máis dun millón de euros entre os clubs da comunidade.
Relacionadas:
-
Galicia defenderá ante a Federación Española reducir a Segunda B a dous grupos de 20 equipos
Por Diego Espiño |
-
O Rayo Majadahonda castiga a fraxilidade dun Pontevedra esvaecido (0-3)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O partido de liga entre Coruxo e Pontevedra adiántase ao sábado 10 de marzo
Por Diego Espiño |