O atleta da Gimnástica Marc Tur competirá na Copa de Europa de Marcha
Por Redacción
A Federación Española de Atletismo deu a coñecer a lista de marchadores que acudirán o próximo 19 de maio á cita en localidade eslovaca de Dudince, e nela inclúese o deportista da Sociedad Gimnástica de Pontevedra Marc Tur.
O marchador balear formará parte da selección española júnior na que tamén estarán o atleta do Playas de Castellón Álvaro Martín e Diego García, do Marathon.
Tur convértese así no primeiro deportista desta especialidade do equipo pontevedrés que viste a camiseta de España nun encontro internacional de primeiro nivel, "entre los objetivos de este año era acudir a la Copa de Europa, es una gran satisfacción ya que demuestra que de momento estoy cumpliendo mis objetivos".
Marc celebrará o fin de semana esta convocatoria cos seus compañeiros no encontro da primeira xornada de División de Honra ao que vai acudir a Sociedad Gimnástica, en Aranjuez. Non obstante non poderá estar na segunda cita da competición ao coincidir en datas co Europeo de Marcha.