Xornada de ascensos para os clubes pontevedreses de xadrez
Por Redacción
O Escola Xadrez Pontevedra certificou, despois da xornada de liga do pasado fin de semana, o seu ascenso á División de Honra Galega despois de impoñerse nunha disputada partida ao Escola Xadrez Alcohólicos.
O club pontevedrés protagonizou unha grande remontada nas últimas seis xornadas de liga conseguindo 21,5 puntos de 24 posibles para lograr un histórico salto de categoría dedicado á memoria do seu compañeiro Ramón Escudeiro.
Dende o club esperan que este ascenso supoña un punto de inflexión sen cambiar a filosofía do equipo, "a EXP non deixará de ser o que é, un grupo de amigos, uns colegas, persoas,".
O CABALLO DE TROYA ASCENDE A PRIMEIRA DIVISIÿN
O Club Ajedrez Caballo de Troya Academia Enot de Pontevedra proclamouse campión do seu grupo na Segunda División Galega, alcanzando así o ascenso directo á Primeira División.
O club lerezano dominou este ano o seu grupo con nove vitorias, un empate e tan só unha derrota, concluíndo con seis puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado, o Aegón Ajedrez Marín, que optará ao ascenso na fase de promoción.