Lydia Pérez e Pablo García, medallas pontevedresas no Nacional de Loitas Olímpicas
Por Redacción
A Selección Galega de loitas olímpicas, e tamén no que lle corresponde o Club de Loita Pontevedra, protagonizaron unha notable competición no Campionato de España celebrado en Murcia.
Galicia brillou como o mellor equipo autonómico con 4 medallas de ouro, 6 de prata e 3 medallas de bronce, sendo dous delas para deportistas do club pontevedrés.
Así, Lydia Pérez fíxose co ouro na categoría de 62 quilos de loita libre feminina ao superar con autoridade no seu combate polo título á madrileña Eugenia Pozo.
Pola súa banda Pablo García, na loita olímpica masculina, afrontou unha categoría máis disputada, a dos 72 quilos na que avanzou ata a final e terminou cedendo no seu último enfrontamento ante o balear Agus López tendo que conformarse coa plata.
Marcos Miragaya acompañou aos deportistas do Club de Loita Pontevedra na competición, e ademais como responsable do grupo de rendemento do Centro Galego de Tecnificación Deportiva puido celebrar 3 medallas de ouro e 1 de prata dos seus pupilos.
Relacionadas:
-
Lydia Pérez pon a súa mira nos Xogos do Mediterráneo
Por Redacción |
-
A selección nacional de loitas olímpicas prepara en Pontevedra a súa próxima cita internacional
-
Bo resultado de Pablo García no Torneo Internacional de Niza de loitas olímpicas
Por Redacción |
-
Lydia Pérez, apeada do Mundial Sub-23 de loita na fase de clasificación
Por Diego Espiño |