Primeiro asalto da final na Liga Galega de waterpolo entre Galaico e Santiago
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Club Waterpolo Galaico Pontevedra afronta este sábado (17:00 horas, Centro Galego de Tecnificación Deportiva) o primeiro encontro da final da Liga Galega de 1ª División ante o Club Waterpolo Santiago.
O encontro, reedición da final da pasada tempada, terá o seu primeiro envite na piscina pontevedresa nunha eliminatoria ao mellor de tres partidos.
Debido á vantaxe de campo adquirida polo seu primeiro posto na liga regular, o CW Santiago acollerá o segundo partido na piscina de Santa Isabel o próximo día 27 e, se é necesario, un terceiro choque o 18 de maio.
Os dous equipos, como finalistas de liga, clasificáronse ademais para a fase de ascenso á Segunda División Nacional, que se disputa en Portugalete (Biscaia) os días 3, 4 e 5 de maio.