Pibe volve ao Pontevedra como segunda fichaxe invernal
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol xa ten á súa segunda fichaxe invernal, e trátase dun xogador que regresa á casa granate, Agustín Pastoriza 'Pibe'.
O atacante, que adoita actuar pegado ao costado, militaba actualmente no Coruxo, club no que afrontaba a súa segunda tempada.
Ás ordes de Rafa Sáez no club vigués disputou esta campaña 10 encontros, dous deles como titular, sen conseguir estrearse como goleador.
Pibe ocupará a praza sub-23 deixada libre por Bruno Rivada afrontando así a súa segunda etapa no Pontevedra, club que abandonou no ano 2013 cando aínda era xuvenil e tras debutar no primeiro equipo rumbo ás categorías inferiores do Real Betis.
A súa presentación terá lugar este venres ás 13:00 horas no Estadio Municipal de Pasarón tras o adestramento previsto do primeiro plantel.
Relacionadas:
-
O Escobedo cántabro será o rival do Pontevedra en cuartos de final da Copa Federación
Por Redacción |
-
Pibe asina co Pontevedra ata final de tempada con opción a outra
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra fai oficial a saída de Bruno Rivada, que marcha ao Mirandés
Por Diego Espiño |
-
Remontada do Pontevedra ante o Burgos (2-0) para avanzar a cuartos de final da Copa Federación
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |