O Enmacosa Monte Porreiro xógase a permanencia ante o Termotur Calella no Municipal
Por Redacción
Chega a hora da verdade para o Enmacosa Monte Porreiro na súa loita por xogar ano máis na División de Honra Masculina de tenis de mesa. Se o equipo pontevedrés gaña o próximo domingo ao Termotur Calella no Municipal (11:00 horas), asegurará a permanencia na segunda categoría nacional. Se perde, xogaráseo todo na última xornada ante o Club do Mar a domicilio.
Para a cita o equipo pontevedrés cambia de casa, abandonado o pavillón de Príncipe Felipe polas obras que se iniciaron na instalación e recalando no Municipal, onde o seu presidente, Lucho Álvarez, espera recibir un maior apoio de afeccionados, "pueden ver un gran espectáculo y nos ayudarían mucho, nos jugamos la vida, y además la entrada es gratuita".
O dirixente do club asegura sentirse orgulloso da presenza dos seus dous equipos, masculino e feminino, na División de Honra, un privilexio que esperan repetir a próxima tempada, "para nosotros supone un orgullo. La gente de la cantera se fija en los jugadores del primer equipo, son su espejo".
O EQUIPO FEMENINO LOGRA A PERMANENCIA
No seu primeiro ano na categoría as rapazas do Setga Monte Porreiro lograron o obxectivo e despois de vencer o pasado fin de semana en Valladolid ante o Collosa TM asegurou un ano máis a súa presenza na División de Honra, unha tempada cualificada de excelente por Lucho Álvarez, "el salto de Primera División a División de Honor es terrible y conseguir la permanencia... y además ganando en el último partido al cuarto clasificado en su casa".