O infortunio cébase co Sanxenxo que cae no último minuto ante o Pontellas (0-1)
Por Redacción
Excesivo casigo para o Sanxenxo en Baltar de Arriba ante o Pontellas (0-1), que se levou o partido cun tanto no último minuto tras un protestado penalti por mans de Cañi que Berto transformou á segunda, despois de que Vladimir parase o lanzamento inicial do xogador visitante.
O conxunto amarelo, que xogou os últimos 20 minutos en superioridade numérica pola expulsión de Chuli, non soubo aproveitar as ocasións das que gozou e suma a súa segunda semana consecutiva sen gañar.
Con esta derrota, unida ao triunfo do Portonovo, o Sanxenxo cae á terceira praza na clasificación, a un punto dos seus veciños e polo tanto dos postos de ascenso directo.
XUVENTÿ SANXENXO (0): Vladimir, Darío, Fiti (Minso, min.52), Zalo (Nel, min.65), Alfonso, Deivi (Suso, min.85), Diego Blanco, Cañi, Cuchi, Álex, Curri.
CD PONTELLAS (1): Solla, José, Lucas, Berto, Pelón, Diego, Jonás (Pablo, min.85), Chuli, Nacho Franco, Comis, David (Javi, min.69).
Árbitro: Pereira Ferreiro (Lugo). Amoestou aos locais Minso, Fiti e Álex e aos visitantes Nacho Franco, José, Lucas, Comis e David. Expulsou por dobre amarela a Chuli (min.70).
Gol: 0-1 Berto, min.90.
Incidencias: Partido disputado en Baltar de Arriba, Sanxenxo.