O Torneo do Salnés de balonmán, co Campionato de España de Seleccións na mente
Por Redacción
Un ano máis, e xa van seis, O Salnés convértese nuns días na capital de balonmán de base co Torneo do Salnés para as categorías xuvenil, infantil e cadete.
Trátase ademais dunha edición que toma especial relevancia ao servir de preparación para o Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se disputará en xaneiro en Vigo e Pontevedra.
Nesta ocasión as selcciones de Galicia e Asturias rivalizarán polo título coa presenza de varios clubs galegos. En total son 26 equipos os que participan desde este xoves e ata o sábado 9 de decembro nun torneo que celebrará todos os seus partidos repartidos entre Cambados, Meaño, O Grove e Sanxenxo.
O obxectivo para as seleccións é "competir nunha contorna o máis parecido posible ao que será o Campionato de España", recoñeceu na presentación do evento o seleccionador galego cadete, Sergio Carballeira.