Poio solicita un novo campo de fútbol de herba sintética e a construción dun pavillón
Por Redacción
O Consello Municipal de Deportes de Poio, despois da súa última reunión celebrada o pasado día 10, acordou solicitar á Deputación a inclusión do campo de fútbol municipal do complexo Miguel Anxo Pazos Barros no programa provincial de herba sintética, para mellorar as condicións da instalación.
Dende o organismo local acordáronse tamén da demanda dun novo pavillón deportivo, "sendo conscientes da situación económica dos axustados orzamentos das adminsitracións públicas, queremos deixar constancia para futuros proxectos do acordo prioritario do Conselo Municipal de Deportes de instar o compromiso de abastecer dun novo pavillón deportivo ao noso municipio, asumindo o Concello o compromiso de posibilitar a súa execución e financiar a parte proporcional que corresponda".
Por outro lado o Concello de Poio comprometeuse a incrementar a partida económica destinada a actividades deportivas "unha vez garantidas as necesidades básicas dos nosos veciños no ámbito dos servizos e as súas necesidades sociais".