Denuncian o mal estado das instalacións deportivas de Vilagarcía
Por Redacción
A caída de parte do punto de apoio dunha viga no pavillón de Castelao, en Vilagarcía, provocou a denuncia do BNG local ante o mal estado das instalacións deportivas municipais.
O grupo nacionalista presentou no rexistro unha solicitude para que se realice un informe técnico que aclare o estado os centros deportivos e garanta a súa seguridade, "na última xuntanza da Fundación de Deportes xa denunciamos o deterioro e as condicións de risco que presentan diferentes instalacións do noso concello. ÿ preciso que se coñeza exactamente cales son os perigos e os riscos aos que diariamente nos vemos expostos todos os usuarios, así coma calquera traballador".
O BNG entende que a deterioración de instalacións como Fexdega, A Lomba ou o propio pavillón de Castelao supoñen un risco para toda a cidadanía que os usa, incluíndo nesa franxa os centos de nenos que pasan a diario por estes centros.